POEMA PARA AVE.

Hace 12 años

EU EN TI
Eu xa te busquéi
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procuréi
no comenzo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañia,
eu xa te procuraba.
Eu xa te chaméi
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namoréi
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outras cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
Hace 12 años

Marica, nestas datas que estamos a celebrar o día das Letras galegas, nada máis fermoso cun poema na nosa lingua. Parabens!! Unha aperta. Conchi

Hace 12 años

GRACIÑAS CONCHIVILA.PARA MIN E PARA O MEU AVE ESTE POEMA É ESPECIAL.É UN POEMA DE CELSO EMILIO FERREIRO.MOITAS GRACIAS E UNHA APERTA PRA TÍ E PARA TODOS.UN BICO.

Hace 12 años

Aunque me ha costado un poco trabajillo descifrarlo, con empeño lo he entendido. Muy bonito poema, esto se esta llenando de gente sensible y eso le da al foro cierto latido parecido al corazón. SUERTE MARICA