#Ultreia, 7 etapas do Camiño Inglés.

A Coruña - 19/04/2022

Desde a Asociación Española Contra o Cancro na provincia da Coruña presentamos #Ultreia, 171.119 pasos xunt@s. 

#Ultreia é unha actividade na que pacientes de cancro e familiares camiñaremos xuntas e xuntos en 7 etapas do Camiño Inglés para chegar a Santiago de Compostela.

A actividade terá lugar os sábados, dende o 7 de maio ao 18 de xuño, nos que percorreremos as seguintes etapas:

  • Sábado 7 de maio | FERROL - NEDA
  • Sábado 14 de maio | NEDA - PONTEDEUME
  • Sábado 21 de maio | PONTEDEUME - BETANZOS
  • Sábado 28 de maio | BETANZOS - ABEGONDO
  • Sábado 4 de xuño | ABEGONDO - BRUMA
  • Sábado 11 de xuño | BRUMA - ORDES
  • Sábado 18 de xuño | SIGÜEIRO - SANTIAGO DE COMPOSTELA

A inscrición inclúe: kit de benvida, tentempié saudable ao final de cada etapa, traslados en autobús, comida e festa fin de camiño. A actividade ten un depósito de 70€, reembolsable participando en tódalas etapas.

Ademais poderá adquirirse a “Mochila do Peregrino” (15€) que inclúe mochila, gorro e poncho (dispoñibles tamén por separado).

Estes e outros produtos solidarios, estarán tamén á venda nas sedes da Asociación en Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña, e ao final da primeira etapa do Camiño.

Traslados en autobús desde Ferrol, Coruña, Santiago de Compostela e Vimianzo.

 

Apúntate ata o 5 de maio!

Inscricións e máis información nas sedes da Asociación Española Contra o Cancro en:

- Ferrol (R/ Terra, 5),

- Santiago de Compostela (Av. De Barcelona, 29 baixos) e

- A Coruña (R/ Real, 1-1º).

Tamén no teléfono gratuíto     9 0 0 1 0 0 0 3 6 

 

Camiñamos xuntos contra o cancro.

Infocancer 24 horas telefono 900100036
Atención gratuita 24h - 7 días